Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Rosa Aneiros celebra o 15 aniversario do Club de lectura Arao para adultos do IES Pedra da Aguia

Rosa Aneiros no Club de Lectura Arao 2
Rosa Aneiros celebra o 15 aniversario do Club de lectura Arao para adultos do IES Pedra da Aguia

15 anos cumple este 2023 o Club de Lectura para Adultos Arao. Creado no IES Pedra da Aguia no curso 2007/08, foi unha iniciativa da biblioteca do centro para complementar os clubs de lectura do alumnado, formados anteriormente.

O responsable da Biblioteca, Emilio Roca, coordina un grupo dunhas 20 persoas, das que a metade se manteñen dende o primeiro día. A pesar de que os profesores que impulsaron a iniciativa xa están xubilados, o club continúa funcionando coa colaboración das responsables actuais da biblioteca e do equipo directivo do centro.

De feito, non pararon nin durante a pandemia, pois os encontros mantivéronse de forma telemática.

Este curso retomaron as citas semanais presenciais, para o goce dos participantes. E este pasado mércores 25 foi un dos momentos máis especiais. Toda unha referencia da literatura e o xornalismo en Galicia, Rosa Aneiros, visitou o Club. Xa prometera volven cando en 2010 estivese na Ponte do Porto comentando a súa obra “Resistencia”.

Desta volta a conversa xirou arredor de “Sibila”, novela publicada en 2021 e que toca de cheo na sensibilidade dos que aprecian a vida rural. 2Foi moi interesante e agradable escoitar a Rosa analizando a obra e, como no podía ser doutro xeito, xa quedou emprazada para outra ocasión", cóntanos Emilio. 

Rosa Aneiros no Club de Lectura Arao 1

Comentarios