Iria Collazo deixou a súa pegada literaria no Club de Lectura Baiolendo
OS MORTOS QUE AMEI, CON IRIA COLLAZO
O Club de Lectura de Adultos Baiolendo arrincou a serie de encontros literarios do curso coa escritora moañesa Iria Collazo. Unha xuntanza que destacou pola gran participación dos e das asistentes e que deu lugar a profundas reflexións que enriqueceron a lectura individual previa da novela Os mortos que amei, unha entrañable historia do noso rural que nos fixo saír, a partes iguais, os sorrisos e as bágoas.
Guiadas pola autora, as presentes. gozaron dunha viaxe pola vida de dúas persoas que achega e amosa, cunha maxistral mestura de humor e realidade, un modelo de vida que se está extinguir e que nos lembra con tenrura aos nosos avós. "A idiosincracia do galego reflíctese de xeito brillante a través da riqueza expresiva e lingüística coa que se narra a historia", concluíron no club.
A presenza de Iria permitiulles coñecer as influencias e fontes de inspiración desta novela, a súa técnica de escritura, e múltiples detalles e anécdotas que, poñéndolle diferentes nomes aos protagonistas: podería ser unha fiel biografía de calquera de nós.