sábado. 07.12.2024
El tiempo

Antía Yáñez engrandece o Club de Lectura Baiolendo

Antia Yanez no IES de Baio
Antía Yáñez engrandece o Club de Lectura Baiolendo

Espectacular o nivel do Club de Lectura de Adultos Baiolendo. Trala visita de Iria Collazo, a seguinte artista convidada foi escritora Antía Yáñez. Recén publicaco, o 7 de novembro o seu novo libro, O Clan das Barbies, e hoxe visitou o IES de Baio para compartir reflexións xurdidas da súa lectura.

A novela presenta a tres personaxes moi feridas, Alma, Carla e An, que se coñecen nunha clínica de fertilidade e establecen unha amizade na que comparten a súa dor e o desexo de liberarse dos seus opresores. Son conscientes de que todo sacrificio ten un límite e deciden vingarse da sociedade que as maltratou. “A moitos non lles queda nada máis que a violencia. Ás veces está xustificada” comentou Antía.
Na obra descríbense algunhas das situacións nas que a condición feminina é tratada de maneira violenta, discriminatoria, abusiva, non só por parte dos homes, senón por parte das institucións, dos poderes, da sociedade en xeral. Situacións que acontecen nunha hipotética sociedade futura, pero que suceden igualmente hoxe e existiron no pasado.

Antia Yanez no IES de Baio 2

Entre os e as asistentes estableceuse un interesante debate sobre se era lícito ou non que o e as protagonistas rachasen coa violencia esa situación de maltrato; sobre como se reacciona cando unha persoa chega ao límite; sobre se a violencia pode estar ou non xustificada ou sobre as distintas maneiras de exercela por parte dos homes e das mulleres. A posta en común das reflexións vertidas enriqueceron, unha vez máis, a lectura individual.

Un libro de lectura áxil, no que se van acumulando tensións que culminan nun estalido de violencia inevitable coa que autora quixo demostrar que tamén as mulleres poden usala para ir contra a sociedade que a utilizou contra elas.

Comentarios