Diego Ameixeiras visitou o Club de Lectura Arao no IES Pedra dá Aguia de Camariñas para presentar o seu libro "O anarquista"

06:40 03/02/25
Moi vivas seguen as iniciativas dos clubs de lecturas para adultos dos Institutos da comarca.
Neste caso, o escritor galego Diego Ameixeiras visitou o Club de Lectura Arao Adultos no IES Pedra da Aguia de Camariñas para presentar e comentar a súa obra máis recente, "O anarquista". Este evento forma parte das actividades culturais que o IES Pedra da Aguia organiza para fomentar o hábito da lectura entre os seus estudantes e neste caso, a comunidade local.
O Club de Lectura Arao Adultos caracterízase por ser un espazo de encontro e reflexión literaria, con máis de 15 anos de vida, onde se realizan actividades periódicas que permiten aos participantes compartir e profundar nas obras lidas, nun ambiente de diálogo e enriquecemento.
Máis novas