Martes. 11.05.2021
El tiempo

Dous pequenos incendios alertaron do comezo da temporada

Incendio no Ezaro-foto-Rafa Quintans dende a Moa
Incendio no Ézaro-foto-Rafa Quintáns dende a Moa
Dous pequenos incendios alertaron do comezo da temporada

Foi unha fin de semana de nordés na comarca, e un par de incendios avisaron de que a temporada xa está aquí.

O venres tiña lugar un incendio en Lexas (Camariñas) e eran os membros de Protección Civil os que conseguían apagalo.

Incendio en Lexas-Camarinas

Proteccion Civil controlou o incendio de Lexas
Protección Civil de Camariñas sufocando o incendio de Lexas

Unha queima controlada complicouse no Ézaro por mor do forte vento durante o sábado pola mañá. Ao final tiveron que intervir as brigadas e mesmo o helicóptero antincendios para controlar un incendio que non chegou á media hectárea.

comentarios