O Faro Vilán rescata a obra de Antón Mouzo
A sala de exposicións de Faro Vilán este vindeiro mes de xuño 2025, acollerá a obra de Antón Mouzo alcumada “Antón Mouzo. A luz e a terra”. A inauguración será o sábado, 7 de xuño de 2025 ás 12.00
No vibrante mundo da arte, algúns nomes ecoan cunha poderosa autenticidade, atraendo a mirada e o corazón de quen se detén a contemplar as súas creación.
A exposición está comisariada por Nuria Kolb en colaboración cos irmáns do artista, que custodian o seu legado. A escolma céntrase en pezas emblemáticas como a serie das árbores e as obras realizadas con mica, así como en materiais que contextualizan outras etapas da súa traxectoria e o seu carácter autodidacta e investigador.
Antón Mouzo Lavandeira, é un pintor vimiancés, nado o 14 de maio de 1957 e faleceu na Coruña o 5 de xullo de 2007, un deses artistas cuxa obra non só cautivou visualmente, senón que tamén narra a súa propia historia única.
Mouzo elaboraba os seus propios pigmentos e integraba na súa obra materiais recollidos da natureza, nunha práctica artística radicalmente conectada coa súa contorna. Esta mostra busca achegar o seu universo plástico a todos os públicos, nun espazo tan simbólico como o Faro Vilán, corazón da Costa da Morte.
A inauguración terá lugar o sábado 7 de xuño ás 12:00 h. A exposición poderá visitarse dende o mércores 4 e durante todo o mes, no horario habitual de apertura do faro (de mércores a domingo, de 10:00 a 14:00 e de 15:00 a 18:00 h).