Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un filme sobre o Finisterre baixo o legado de Antón Mouzo

Un filme sobre o Finisterre baixo o legado de Antón Mouzo

Este venres 2 de decembro ás 20.30 horas, a Casa da Cultura de Vimianzo acolle a proxección da película Finisterre, de Xavier Villaverde. Un filme que contou co asesoramento artístico de Antón Mouzo, así como coa aportación de cadros e esculturas so pintor vimiancés.
É por isto que dende o Concello inclúen esta película dentro das actividades relacionadas coa Exposición de pintura de Antón Mouzo, aberta desde o pasado 9 de setembro na Sala de Exposicións da Casa da Cultura que leva o nome do artista vimiancés.

Xavier Villaverde, amigo persoal de Antón realizou tamén os audivisuais que se proxectan na Sala de exposicións Antón Mouzo, un realizado en vida do pintor na exposición realizada na Casa da Parra, e o outro realizado, unha vez falecido Antón, no seu estudio da Coruña.

Será esta pois unha boa oportundidade de coñecer de preto a vida e obra de Antón Mouzo da man dun amigo e especialista na materia, pois ademais do filme poderán realizar unha visita guiada á exposición, que pechará o vindeiro día 16 de decembro.

En recordo de Antón Mouzo

Desde a inauguración da Sala de Exposicións realizáronse diferentes actividades relacionadas co pintor vimiancés: o recital de Manolo Rivas “Costa da Morte Blues” acompañado do cantautor César Morán; as visitas guiadas para escolares, da man de Puri Lema, que achegaron a máis de 400 nenos e nenas dos centros escolares de Vimianzo e mesmo a un grupo do CPI de Laxe, coñecer a obra de Antón.

Novas relacionadas

  • As escolas culturais ocupan o inverno vimiancés.
  • O 10 % dos vimianceses participa nalgunha actividade da programación deportiva de inverno.
  • Da importancia de que os escolares coñezan o valor patrimonial da Costa.
  • As escolas de Vimianzo comezan o seu programa cultural con Antón Mouzo.
  • >Exposición de Antón Mouzo en Vimianzo.
  • Fonte

    • Nota de prensa do Concello de Vimianzo.

    Comentarios