xoves. 08.05.2025
El tiempo

A familia Mouzo Lavandeira cede dous cadros de Antón Mouzo ao concello de Vimianzo

A familia Mouzo Lavandeira cede dous cadros de Antón Mouzo ao concello de Vimianzo
Un dos cadros de Anton Mouzo

El representa mellor que ninguén o lema “Orgullosos do noso”. El dá nome a esa sala de Exposicións onde ducias de artistas da zona teñen expostos as súas obras, permitíndolles ser profetas na súa casa. Por iso, a Sala Antón Mouzo é toda unha referencia cultural costeira. E o seu legado continúa creando admiración.

María Lavandeira, nai do artista Antón Mouzo, asinaba onte un convenio xunto co Alcalde de Vimianzo, no cal se fixan as condicións da doazón gratuíta de dúas obras de Antón Mouzo para o concello de Vimianzo. Un convenio que só consta dunha única condición por parte da cedente que é que os cadros “deben estar expostos de xeito permanente na Casa da Cultura de Vimianzo para o disfrute de todos os veciños e veciñas”.

Os cadros expostos como sinala o acordo no hall da Casa da Cultura poden ser vistos por todas as persoas que se achegan á Casa da Cultura vimiancesa. Dúas obras de 200x260 cm nas que o pintor usou mica, un dos materiais que caracterizaba a obra de Mouzo. O Alcalde de Vimianzo quere agradecer inmensamente á familia Mouzo esta doazón totalmente desinteresada que nos dá a posibilidade a todos os veciños e veciñas de Vimianzo a oportunidade de gozar da obra deste grande artista vimiancés”.

Nova da Sala de Exposicións Antón Mouzo

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios