mércores. 30.04.2025
El tiempo

‘Firma Emerxente’, a principal novidade na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe

JOAQUÍN RUÍZ estrea as Firmas Emerxentes de Carballo
Joaquí Ruíz estreará as Firmas Emerxentes de Carballo
‘Firma Emerxente’, a principal novidade na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe

Unha vez debullado o completo programa da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación de Coruña, cómpre ir poñendo o foco sobre as novidades singulares. E a gran novidade deste curso a ‘Firma Emerxente’, un novo concepto, que se integrará no desfile do concurso de Noveis Deseñadores, e que pretende axudar a deseñadores emerxentes a consolidarse como marca.

Nesta edición a ‘Firma Emerxente’ será a de Xaquín Ruíz, que promociona o encaixe de Camariñas en feiras por Europa.

O obxectivo que persegue a organización con esta acción é o de inspirar a outros deseñadores e deseñadoras e amosarlles o importante que é darlle valor ao traballo artesanal, ao Encaixe de Camariñas. “Queremos que as persoas que están comezando a súa andadura no mundo da moda vexan que, aínda que non gañen un premio, se siguen traballando e movéndose poden chegar a crear a súa firma e nós vamos a seguir apoiándoos”, explica a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro.

“É un paso intermedio entre os novos deseñadores e as grandes firmas, unha forma de continuar a promocionar o seu traballo para que consiga consolidar a súa marca”, engade Encarna Liñeiro.

Comentarios