Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O GALP escoitou as entidades de Camariñas para a redacción da súa estratexia 2021-20227

O vindeiro xoves 18 celebrarase a última sesión aberta desta serie no Salón de Actos do Concello de Laxe.
Xornada participativa GALP Camarinas
O GALP escoitou as entidades de Camariñas para a redacción da súa estratexia 2021-20227

Trala xornada participativa de Malpica, o GALP Costa da Morte organizaba en Camariñas a segunda das 3 sesións abertas que vai facer este mes de agosto. Trátase de escoitar aos entes vivos das diferentes zonas da bisbarra para a redacción da súa estratexia “Mirando polo mar” Programa FEMPA 2021-2027.

Estiveron representados neste proceso participativo, tanto o sector pesqueiro, social, público e económico que debateron as principais necesidades, propostas de actuación e ideas para enfocar a xestión dos fondos FEMPA nos próximos anos.

O sistema de traballo destas xornadas permite a posta en común (en pequenos grupos) de persoas de distintos sectores, fomentando a colaboración e a proposta de ideas de forma acordada

Entre as dúas primeiras citas foron máis de 50 persoas as que participaron directamente e máis de 100 as que responderon á enquisa.

Vindeira cita

  • Xoves 18 de agosto ás 18:00 h no Salón de Actos do Concello de Laxe.

Estes encontros poderán seguirse tamén en liña, a través da plataforma Zoom. As persoas interesadas en participar poden inscribirse previamente na seguinte dirección de correo electrónico: [email protected], indicando o tipo de modalidade de asistencia, presencial ou en liña, ou no 981 70 73 78.

Ademais podes participar na redacción tamén cubrindo esta enquisa online.

Novas relacionadas

Comentarios