O GALP escoita aos sectores para a súa estratexia 2027
- Camariñas acolle hoxe xoves 11 unha nova reunión aberta.
Acollía onte o Centro Comarcal de Buño a primeira das xuntanzas participativas que o GALP está a organizar para a redacción da súa estratexia “Mirando polo mar”. Un documento que ten ohorizonte no ano 2027.
Participaron actores do sector pesqueiro, social, público e económico a través de membros das confrarías de Caión, Corme e Camariñas, Agrupación de Maricadoras do Río Anllóns, Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, Redeiras Illa da Estrela de Corme, representantes da Asociación Íntegro, Concello de Malpica, técnicos do Concello de Ponteceso, o xerente do GDR Costa da Morte, varios empresarios, promotores privados e público en xeral, que debateron as principais necesidades, propostas de actuación e ideas para enfocar a xestión dos fondos FEMPA nos próximos anos.
As próximas xornadas serán:
- Xoves 11 de agosto ás 18:00 h na Casa da Pedra de Camariñas.
- Xoves 18 de agosto ás 18:00 h no Salón de Actos do Concello de Laxe.
Estes encontros poderán seguirse tamén en liña, a través da plataforma Zoom. As persoas interesadas en participar poden inscribirse previamente na seguinte dirección de correo electrónico: [email protected], indicando o tipo de modalidade de asistencia, presencial ou en liña, ou no 981 70 73 78.
Ademais podes participar na redacción tamén cubrindo esta enquisa online.