Ilva Carril: “Queremos abrir o Concello aos veciños”


Falamos hoxe, para pechar a rolda de entrevistas de cara ás Municipais deste domingo 24 de maio, ca candidata do BNG de Camariñas, Ilva Carril, que se presenta por primeira vez á alcadía. Un BNG que chega completamente renovado, e coa necesidade de mellorar os resultados do 2011 onde non conseguíu presencia no pleno.
Carril fai fincapé na falta de democracia do que denomina “desgoberno” de Camariñas, e chega coa intención de darlle voz a todos os veciños dende dentro do Concello.
- QPC: Por que dá este paso Ilva Carril?
Primeiramente, porque os compañeiro me pediron que fóra de cabeza de lista polo BNG. E a verdade, é unha horna para min, que xa levo 4 anos no consello comarcal, loitando pola Costa da Morte. Agora toca centrar a loita por Camariñas.
- QPC: Con que obxectivo afronta a súa lista estas eleccións do 24M?
Nós imos pola alcaldía. E a queremos para abrir o Concello á cidadanía. O alcalde ten todo agochado, e a oposición non fai nada. Por iso queremos abrir as portas do Concello e darlle voz aos nosos veciños.
- QPC: Cales son os puntos fortes do seu equipo?
Hai xente de tódolos ámbitos e sen pretensión de poder. Xente traballadora, comprometida e independiente, sen ser significativamente do BNG, coa simple intención de darlle voz ao pobo.

- QPC: Cales cren que son as eivas máis grandes no seu concello?
O Desgoberno é total, e ademais con carácter ditatorial. O alcalde tennos a boca tapada, así que ten que volve a democracia.
Polo demais, as carencias son todas. Ademais da falta de transparencia, hai carencias, culturai, urbanísticas… Está todo abandonado.
- QPC: Cal é o proxecto do que fai bandeira e a que partida orzamentaria adicará máis cartos?
Como digo, a transparencia é fundamental. Para facer calquera cousa, o primeiro temos que temos que facer é unha auditoría sobre como se moven os cartos que entran e saen do Concello, para saber como están as contas. Necesitámolo para gobernar e para darlle esa información ao pobo, que xa a debería saber.
Non podemos presentar un proxecto megalómano como o da piscina que acaba de anunciar o alcalde, sen saber as contas. “Menos pedra, menos asfalto de colores, e máis arranxo do que hai”.
- QPC: Outras propostas concretas, e importantes, do seu programa.
Mellorar os Colexios, abrir axudas a mulleres maltratadas, mellorar a asistencia aos maiores cun Centro de Día, poñer en valor a Lonxa, que está abandonada, para que os maiores mariñeiros poidan pasar o día; facer un sendeiro de Camelle a Arou, que agora é un perigo, e recuperar os roteiros. Estas son algunahs das liñas principais do noso programa.
- QPC: Como potenciará a participación cidadá no Concello?
É fundamental para nós a transparecncia, que o pobo poida participar dende dentro do Concello. Facilitaremos a participación nos plenos, coa posibilidade de facer preguntas por ventanilla, como se fixo toda a vida, e cun tempo máximo de resposta, porque eu aínda estou esperando por unha pregunta que fixen hai tempo… Ademais, imos poñer a páxina web para facer os trámites e toda a información. Queremos abrir as portas do Concello aos veciños.
- QPC: Como viu durante estes 4 anos o goberno socialista e como ve a reestruturación no PP camariñán?
O goberno é un desgoberno. E eles mesmos se definen, hai uns carteis da campaña que fin “Gobernar para a maioría”, para a súa maioría.
E no PP hai un “batiburrillo”… Estaban en contra do Tanatorio, pero no pleno abstivéronse. Eso non é oposición, eso non é nada. O único que fan é cobrar. Onde estaban cando denunciabamos os parques infantís ou os colexios que se viñan abaixo? Onde estaban cando loitamos contra os tanques contaminantes de Fenosa no Cabo Vilán? Aquí non houbo oposición.
- QPC: Daquela pactos non falamos…
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
A única alternativa é o BNG. Pichurri dicía hai anos que antes de pactar co BNG, prefería non gobernar. E agora debe ter algunha dúbida porque xa nos abríu a man. Nós non estamos pola labor. Ao mellor teñen que pactar entre os dous para que eu non goberne.