Venres. 29.03.2024
El tiempo

Incautados 33 kilogramos de nécoras, 10 kilogramos de santiaguiños e dous lubrigantes procedentes de Camariñas

Santiaguinos Necoras e Lubrigantes incautados
Marisco incautado en Vimianzo
Incautados 33 kilogramos de nécoras, 10 kilogramos de santiaguiños e dous lubrigantes procedentes de Camariñas

A Patrulla do Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil Corcubión levaban semanas investigando unha persoa que todas as semanas se trasladaba desde A Coruña a Camariñas supostamente ao obxecto de recoller e transportar marisco vedado. Estando vixilando a zona, en Vimianzo, detiveron o que podería ser auto desta persoa para realizar unha inspección do mesmo, achando o seu maleteiro 5 capazos de plástico negro contendo nécoras (especie actualmente en veda), santiaguiños (especie actualmente vedada) e dous lubrigantes carecendo de calquera documentación que garantise a súa trazabilidad e amparase o seu transporte.

Despois de denunciar as infraccións, a garda Civil devolveu ao mar os 33 kilogramos de nécoras, 10 kilogramos de santiaguiños e dous lubrigantes, pois aínda estaban vivos.

Comentarios