Martes. 15.10.2024
El tiempo

Incautados tres exemplares de peixe espada que tiñan que ser devoltos ao mar no Porto de Camariñas

Peixe espada incautado en Camarinas
Peixes espada (coa espada cortada, incautados en Camariñas
Incautados tres exemplares de peixe espada que tiñan que ser devoltos ao mar no Porto de Camariñas

Esta pasada semana, do mesmo xeito que acontecera hai dúas semanas no porto de Corme, o Servizo Marítimo Provincial da Garda Civil da Coruña incautou tres exemplares de peixe espada no Porto de Camariñas.

A unidade veu directamente aos membros dun buque de arrastre descargando as capturas dnun camión. A Benemérita observou como introducían tres exemplares de peixe espada ao vehículo, ocultándoos posteriormente cuns sacos baleiros. De seguido procedeu á á inspección da embarcación e do vehículo, constatando a presenza no camión de tres pezas de peixe espada ocultas, sen eviscerar e coa espada cortada, non figurando a súa captura no diario electrónico de pesca (DEA), carecendo o pesqueiro de licenza para pescar esta especie, e estando obrigados a descartala e devolvela ao mar, unha obrigación que lamenta boa parte da pesca artesanal costeira.

Marítimo pez espada 3 copia
Así ían agochados na furgoneta

A Benemérita ordenou o desembarque dos tres exemplares e o seu traslado ás dependencias da lonxa do referido porto para a súa pesada, arroxando un total de 311,5 kilogramos.

Despois de proceder coa pertinente acta-denuncia, as capturas foron entregadas no Banco de Alimentos.

Novas relacionadas

Comentarios