O voluntariado de Mar de Fábula deixa un pouco máis limpo a Praia do Lago

Este plástico dun lixo asiático dá conta das voltas que dá o mar

Este pasado domingo, unha decena de bravxs voluntarixs da familia de Mar de Fábula, achegáronse ata a praia de Lago, Camariñas, para realizar unha nova limpeza de plásticos, financia pola Deputación e coa axuda do Concello.

Desafiando a ameaza dos chuvascos intermitentes e o forte vento do sur, apañaron en apenas 350 metros de areal 13 sacos de 100 litros cheos-semicheos de centos de refugallos de toda caste. Algo que malia valorar o bo estado ambiental do areal, falaban por sí sós da “utopía” que propón a OMS para considerar como san o estado dun areal: ”O Atlántico está tan contaminado polos plásticos que fai saltar todos os umbrais fixados polxs expertxs da Comisión Europea para acadar algún día un máximo de 20 residuos superiores a 2,5 cm. por 100 metros de praia, en calquera praia do litoral europeo”.

Dende Mar de Fábula queren limpar pero tamén concienciar, tendo en conta que nos últimos 10 anos, temos producido máis plástico que nos cen anos anteriores; e que os estudos do CSIC constatan que para o ano 2050, dobraranse as tasas actuais de produción de plásticos.

Dende a entidade piden normas contundentes, máis accións dende as administracións, e máis solidariedade e concienación dende a sociedade civil.