Sábado. 07.09.2024
El tiempo

O voluntariado de Mar de Fábula e o Camping Lago-Mar limparon, o que puideron, un coído de Merexo

Limpando o coido de Merexo
Limpando o coido de Merexo
O voluntariado de Mar de Fábula e o Camping Lago-Mar limparon, o que puideron, un coído de Merexo

Sábado moi especial o vivido en Merexo. Os colectivos Mar de Fábula e a xente do Camping Lago-Mar uniron forzas para realizar unha completa xornada festiva, de confraternización e de concienciación medioambiental.

A sesión comezaba coa limpeza dun coído de Merexo que era un auténtico estercoleiro, como avisara hai uns meses o colectivo FishingGalicia. Non é un lugar de acceso fácil, pero os dous grupos tiveron claro que había que ir alí.

lixo no coido de merexo
Lixo xa case inserido no coído

Foron 42 as persoas voluntarias, entre elxs moitxs nenxs, que se uniron á chamada. A imaxe era tremendamente dantesca, un auténtico vertedeiro, co lixo misturado ca vexetación, nunha especie de conglomerado contaminante, no que atoparon dende pezas de motores, anacos de vehículos tractores, baterías, sinais de tráfico, etc…

Coa vontade como forza común, comezaron a retirar lixo, ata 23 sacos de 100 litros. Aínda así, a realidade é que este lugar necesita de maquinaria para poder sanealo. “Sirva esta publlicación como berro de auxilio para que as administracións pertinentes se fagan cargo da limpeza deste vertedeiro enquistado no tempo xusto á beira do mar, do noso mar”, explica Vixirnia Barros, de Mar de Fábula.

LImpando o coido de Merexo Manu Nogueira
Manu Nogueira en plena faena

Con todo, e para quitar o mal sabor de boca, voltaron ao activo Camping, cuia programación do mes de agosto segue en marcha, para realizar un talle de lixo creativo co colectivo coruñés RetoqueRetro, e despois gozar co concerto da Ukestra do Medio.

Mar de Fabula e Camping Lago Mar limpando un coido de Merexo

Máis novas

Comentarios