Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Mar de Fábula, 10 anos mirando ao mar

Mar de Fabula 10 anos limpando praias
Mar de Fábula, 10 anos mirando ao mar

Mira en fite estes días a Costa da Morte aos pellets de resina. A marea de microplásticos, imposible de abordar sen medios específicos, non fai perfer o foco á entidade que máis e mellor traballa en contra da contaminación mariña de toda a comarca. Mar de Fábula cumple 10 anos e o celebrou este domingo como máis lle presta: llimpando.

A entidade camellá convocaba unha limpeza de lixo plástico na praia do Lago de Camariñas e eran 55 as persoas que asistían á limpeza-aniversario nun areal moi castigado polo lixo mariño. Retiraron en total 17 sacos de 100 litros, e celebraron o poder trasformador da sociedade unida. “Desexamos que esto sexa un punto de inflexión para comezar entre todxs a revolución antiplástico na natureza”, sinala Virxinia Barros, a presidenta da entidade.

Voluntarios de Mar de Fabula limpando a praia do Lago de Camariñas 1
55 persoas participaron na limpeza
Galletas de chapapote na praia do lago de Camarinas en 2024
Galletas de chapapote aínda aparecen no noso litoral en pleno 2024

A Crise dos Pellets

Facía aí referencia Virxinia tamén á crise dos pellets, á por suposto non é allea a entidade. De feito, un grupo de 20 persoas aínda quedaron máis tempo para intentar retirar cantas boliñas de pellets (2 sacos de 30 litros), puideron sacar das praias de Reira.

Pero Mar de Fábula tamén pon algo de cabeza no asunto a través da súa experiencia: “É misión imposible apañar os pellets en canto se espallan nos areais”. E ofrecen unha estatística: o 75% dos plásticos que caen ao mar, directamente van ao fondo, o 15% queda aboiando no mar e o 15% chega á costa.

Voluntarios de Mar de Fabula limpando a praia do Lago de Camariñas Micropellets
Limpando pellets con peneiras.

Así que “co paso dos días, semanas, meses… este verquido de pellets engrosará a lista de todos os elementos contaminantes cos que vivimos. Non poderemos facer moito máis cos pellets pero si podemos seguir limpando todo o demais”, recoñece, mentres agradece a colaboración dos Concelleiros de Medioambiente e de Deportes do @ Concello de Camariñas e do Presidente da Asociación de Profesionais do Turismo da Costa da Morte Aptcm Costa da Morte.

Máis novas

Comentarios