Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Mar de Fábula denuncia cunha nova limpeza o vertido crónico de pellets na praia das Salseiras

Apanando pellets na praia das Salseiras
Apanando pellets na praia das Salseiras
Mar de Fábula denuncia cunha nova limpeza o vertido crónico de pellets na praia das Salseiras

Segue o colectivo Mar de Fábula comprometido coa denuncia da contaminación crónica de microplásticos na praia das Salseiras, en Caión. E para denuncialo organiza para este domingo 2 de xuño, e por terceiro mes consecutivo, unha nova limpeza.

”Seguimos coa teima de chamar a atención de veciños e usuarios da praia, persoas sensibilizadas, concello e Xunta de Galicia sobre a contaminación crónica por pellets de plástico que sofre esta praia e que pode estar afectando, cos seus aditivos químicos, a saúde das persoas, á flora e á fauna mariña”, explica Xosé Manuel Barros.

A entidade pide que as administracións ”vaian tirando do fío para investigar cal pode ser a fábrica na contorna industrial da zona que non sabe ou non quere saber que ten un buraco na súa cadea de suministro e parte da súa materia prima váiselle, dende hai moitos anos, cara ao mar”.

Así, convocan á veciñanza ás 11:00h no aparcamento ao pé da praia, e solicitan apuntarse antes das 12:00 horas do sábado, no correo [email protected] ou no 608609042. Mar de Fábula levará todo o material necesario.

Máis novas

Comentarios