sábado. 14.12.2024
El tiempo

Mar de Fábula descontamina coídos e mentes

Mar de Fabula voluntarios recollendo Lixo marino recollido en Camarinas
Mar de Fábula descontamina coídos e mentes

Nova sesión de limpeza artellada este pasado domingo polo colectivo Mar de Fábula. 10 adult@s e dñias crianzas acodiron á chamada da entidade para limpar unha marea de lixo mariño en tres coídos de Camariñas (Portocelo, O Pindo e Os Boliños da Fortuna).

Unhas sesións que serve para descontaminar “descontaminando as mentas”, como explica Virginia Barros.

Voluntarios de Mar de Fabula en Camarinas

Os últimos temporais do sur deitaron na costa unha boa mostra do que se lle arroxa ao mar. A entidade lembra que o 70% do lixo directamente vai ao fondo, o 15% queda aboiado no mar e o 15% restante chega á costa “Esta última porcentaxe é na que nos, o voluntariado en terra podemos actuar”, explican repasando a cantidade de lixo recollido:

  • Coído de Portocelo = 9 sacos de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo + 1 bidón grande, redes e aparellos de pesca.
  • Coído do Pindo = 2 sacos de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo + 1 bidón pequeno, 2 caixas de peixe e aparellos de pesca.
  • Coído de Boliños da Fortuna = 7 sacos de 100 litros cheos de lixo plástico misceláneo + restos de nasas de ferro e caixas rotas do peixe. O lixo apañado neste coído for transportado polos voluntarios ao campeiro da antiga cetárea para facilitar a recollida final polo concello.
Lixo marino recollido en Camarinas
Lixo mariño recollido nun dos coídos

O lixo plástico misceláneo, común nos tres coídos, estaba composto de envases e botellas de plástico, espumas sintetícas, anacos de redes e nasas, restos de bidóns metálicos, paos plásticos bas bateas do mexillón, engados das nasas, infinidade de ccordeis, cordas pequenas e cabos enredaados con madeiros.

Nova demostración de compromiso desta entidade que tamen está desenvolvendo un fermoso proxecto de reinserción social limpando o do areal da Torre, ademais das incontables limpezas que realizando no litoral costeiro.

Comentarios