Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Limpeza de Mar de Fóra: Non todo está tan limpo como parece

  • Mar de Fábula realiza a limpeza e avaliación do estado ambiental da praia de Mar de Fóra. 
Limpeza de Mar de Fora con Mar de Fabula
Limpeza de Mar de Fóra: Non todo está tan limpo como parece

O pasado xoves 10 de agosto fumos limpar a praia de Mar de Fóra en Fisterra coa intención de avaliar o seu estado ambiental posto que, nunha primeira inspección visual feita hai uns quince días, a praia relucía limpa a primeira vista.

Esta acción ambiental foi realizada en colaboración co proxecto de promoción turística da CMAT cun grupo de bloggers, moi activos e sensibilizados apañando plásticos, cada un especialista no seu respectivo eido pero todos unidos na limpeza e protección do medio mariño.

En total participamos 15 voluntarios e o resultado da limpeza, despois de hora e media de trabllo, veu a reconfirmar a experiencia da entidade máis que contrastada de todos estos anos: Unha praia que aparentemente estaba limpa, poñendo mans á obra e focalizando a atención na tarefa a realizar, xurdiron dos argazos e no medio da area centos e centos de anacos de plástico medianos, de anaquiños pequenos e moito microplástico que converteron, unha vez máis, nunha utopía acadar o umbral fixado pola Comisión Europea de 20 refugallos por 100 metros lineais de praia para obter a clasificación de Bo Estado Ambiental.

Lixo Plastico recollido en Mar de Fora

Ao remate da limpeza, algúns dos participantes celebraron un xantar de irmandade baixo a sombra acolledora do piñeiral da longa praia de Langosteira.

 

Comentarios