As mulleres da Pergoliña e Mar de Fábula limparon o Xardín de Man

Mulleres da Pergolina e Mar de Fabula limpando o Xardin da Casa de Man de Camelle

O titular podería parecer retrógrado e machista, pero realmente non falamos de sirvientas. Falamos das 8 heroínas que, convocadas polas AC A Pergoliña e Mar de Fábula, este domingo desafiaron o tempo e realizaron unha limpeza meidoambiental na contorna da Casa de Man de Camelle.

Lamentable ver o Xardín cheo de latas de cervexa e outras bebidas. Ata 65 recollendo nun par de horas as voluntarias das entidades veciñal e medioambiental. Tan difícil será achegarse ao contedor ao rematar a charliña en tan fermoso lugar??

Retiraron tamén 36kg de lixo (mariño e de terra) e unha gran bolsa chea de lixo mariño da praíña da Alta que unha parella que vive neste fermoso recuncho, deixou á disposición das persoas que pasan por alí.

”Rematamos ca sensación de ter dignificado un pouco a memoria de MAN”, sinalan as entidades, deixando claro que este espazo “é patrimonio cultural e recurso turístico que precisa atención Xunta de Galicia Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego”.