Luns. 29.04.2024
El tiempo

Volven pedir un plan de restauración para a Casa e o Xardín de Man

Casa do Aleman de Camelle recen restaurada copia
Volven pedir un plan de restauración para a Casa e o Xardín de Man

Pasan os anos e a Casa e o Xardín de Man de Camelle segue sufrindo as inclemencias do tempo sen ningunha protección. Desta volta é o PP de Camariñas, que xa levaba no seu programa electoral un plan integral de turismo de Camelle orientado sobre a figura de Man, o que solicita ao goberno socialista local a realización dun plan de actuación na Casa de Man e na súa contorna e que se teña en conta o desexo de Manfred Gnadinger, da súa familia e dos veciños de Camelle.“A intención de Man era que a súa obra se conservara e para iso deixou cartos. Tamén parece que é o desexo da familia e entendemos que o que queren os veciños” sinalou a portavoz do PP, Paula Mouzo.

“Consideramos que se debería impulsar unha restauración parcial, pero sobre todo o que temos é que marcar unha dirección e un plan de traballo”, entenden os populares, que piden ao goberno que se manifesten sobre se teñen algo pensado.

Así, ademais da restauración da Casa Museo (a última rehabilitación é de 2018) e un plan de promoción da obra de Man, piden tamén a elaboración dun estudio cromático da fachada marítima e espazos públicos.

Máis novas

Comentarios