sábado. 15.02.2025
El tiempo

Mar de Fábula rescata do mar dos Muíños 325 tarugos no #tarugotón

Voluntarios de mar de Fabula limpando a praia dos Muinos tarugoton
Mar de Fábula rescata do mar dos Muíños 325 tarugos no #tarugotón

Este pasado sábado, 15 valentes acodiron á chamada de Mar de Fábula para salvar a praia dos Muíños, en Muxía. Foi ademais coincidindo e participando no proxecto #tarugotón, unha recollida simultánea nas praias de paos (tarugos) das bateas de mexillón, organizado por Limpiarousa e Surfrider España.

Así, ademais de atopar unha dúcia de paos soltos, reritaron unha boa cantidade de liñas enteiras, nas que van incrustados os paociños, calculando ter rescatado 325 destes anacos de plástico.

Baixo un orballo constante, os voluntarios e voluntarios extraeron do areal todo o lixo mariño, pois os temporais adoitan traer a terra máis lixo aínda do habitual.

Recolleron 15 kg de cabos, cordas e chicotes, 5 kg de textil, 1 saco de 100 L con botellas e latas, Multitude de anacos de plástico brando, 2 nasas e 68 bastonciños de algodón….

Voluntarios de mar de Fabula limpando a praia dos Muinos 2

Voluntarios de mar de Fabula limpando a praia dos Muinos

Especie invasora

Como curiosidade (e tras consulta ao seu biólogo de man), atoparon moita "crepidula fornicata", un tipo de lapa invasora que ven do outro lado do Atlántico e que é unha peste para os bancos de marisco, xa que o perfora e o devora.

lapa invasora nunha vieira

Máis novas

Comentarios