Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Nace a Croa de Camariñas, unha asociación de propietarios que queren coidar o monte

Croam camarinas ace
Nace a Croa de Camariñas, unha asociación de propietarios que queren coidar o monte

Fermoso exemplo de como aproveitar o noso monte o que se está a forxar en Camariñas. Este sábado terá lugar a presentación da Asociación de propietarios forestais "A Croa de Camariñas”. Unha trintena de pequenos propietari@s (veciñ@s con diferentes perfís profesionais) únense para manter limpos os seus montes, diminuir o risco de incendios, e intentar xerar movememento económico ao seu arredor.

”A Croa de Camariñas nace co obxectivo de por en valor os nosos montes e darlle visibilidade aos problemas e necesidades das zonas naturais da contorna de Camariñas”, explican dende a entidade. “O noso interese común é a protección do medio natural e a busca de oportunidades de conservación da contorna”.

A entidade, que nace a través duns obradoiros impartidos en Xaviña, entre a Xunta e o Concello, co enxeñeiro Daniel Vilar como formador, pretende ser un exemplo para toda a comarca.

O acto de presentación será este sábado 17 de xuño ás 19:00 tarde no salón de actos da Casa Pedra do concello de Camariñas.

Comentarios