Venres. 19.04.2024
El tiempo

A nova concesión do Bar do Náutico de Camariñas estréase o 4 de marzo

Terraza do Nautico Bar de Camarinas un dia de veran
Terraza do Náutico Bar de Camariñas un día de verán
A nova concesión do Bar do Náutico de Camariñas estréase o 4 de marzo

Tras un longo proceso de case 3 anos durante os que a Directiva do Club Náutico tivo que facerse cargo do Bar, será Yolanda Vidal Rodríguez a que tome o mando da nova concesión a partir do 4 de marzo. O Presidente do Club, Martín Castiñeira, xunto coa súa Directiva, confían en que a nova concesionaria, dará un gran impulso a actividade de hostelería para clientes e socios/as, posto que se trata dunha “persoa con gran valía para o traballo, moi responsable e con gran empatía para atención ao público”.

Así dende este luns e ata o 4 de marzo, o Náutico Bar permanecerá pechado para a súa reinauguración.

Dende o Club avanzan ademais que “as instalacións marítimas, que teñen máis de 30 anos, sufrirán nos vindeiros meses grandes cambios coa prometida chegada de fondos europeos (Next Generacion)”, e esperan que poidan estar rematados antes deste verán.

Comentarios