![club-nautico-camarinas]()
No encontro participaron unhas 160 persoas
Unhas 160 persoas asistiron a pasada fin de semana á cea anual dos socios e socias do Club Naútico de Camariñas. Tanto o menú - que correu a cargo da concesionaria do bar Naútico con Chus Ramos á cabeza - como a presencia de tantos asistentes fixo que a noite resultase do máis agradable para todos e todas.
Foi xusto antes do postre e antes do tradicional sorteo de regalos, cando tivo lugar un dos momentos máis especiais da cea. Así Juan Esteban Campaña entregoulle a Xosé Luis Branco o diploma de Presidente de Honra, que lle fora outorgada tal distinción en novembro de 2008, cando presidía a entidade José Gómez e como secretario do Club, Juan Esteban Campaña.
XoséLuis Blanco deulle as gracias a todos e a todas por tal recoñecemento, así como a Juan Esteban polas palabras dedicadas a súa persoa, e onde incidía na necesidade de facer xustiza con esta entrega do Diploma de Presidente de Honra que xa levaba preto de 10 anos pendente da súa entrega e que finalmente, pasará a ocupar un espazo no salón social, xunto cos outros diplomas dos Presidentes de Honra: José Trillo Fernández-Abelenda e Manuel Fraga Iribarne.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Club Naútico de Camariñas