O Encaixe chega a Camariñas dende o Camiño
07:53 12/07/18
A vindeira fin de semana de 28 e 29 de xullo terñán lugar en Camariñas a segunda edición das Xornadas "Encaixe no Camiño”. Os actos comezarán ás 10:00 co pregón, e continuarán ás 11:00h coa Recreación do desembarco do rei Alfonso IX no porto.
Haberá tamé unha Recreación da camiñata ata Cereixo facendo paradas en Xaviña e Ponte do Porto, cunha representación en Cereixo e volta en autobús para os inscritos (Inscricións no correo [email protected] ou nos teléfonos 647 39 0 23 / 647 60 81 58).
A tarde será adicada aos nenos, con Campamento de xogos infantís populares a cargo de Arte Lúdico. Ademais haberá ao longo da tarde Música tradicional e ambiente festivo medieval, tapas medievais nos locais de hostalaría e actividades infantís.
O domingo cambian os horarios e pola mañá será tempo dos máis pequenos e pola tarde haberá Recreación da lenda do desembarco da persoa que ensinou a palillar. Acto seguido desfile de moda do encaixe de Camariñas.