Sábado. 24.08.2019
El tiempo

O Faro Vilán, punto de encontro da cultura galega

O Faro Vilán, punto de encontro da cultura galega
I Encontro de Artistas Faro Vilan

Convertirase este domingo 2 de maio o Faro Vilán no punto de encontro de diversas xentes da cultura galega. Artistas, escritores, músicos, xentes da danza, do teatro e amigos en xeral da cultura galega achegaranse ao simbólico espazo camariñán para participar no I Encontro de Artistas Faro Vilán. Unha cita que fai dous anos se desenvolvera no Museo do Pobo Galego.

Unha cita artellada pola activa Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas co claro obxectivo de amosar o seu apoio radical á cultura galega dun xeito vivo, libre e lúdico, e ”convertir este espazo máxico que rodea o Faro de Cabo Vilán en ágora alternativa de creación para artistas e escritores”. Un evento que segue a liña marcada o ano pasado co exitoso certame de pintura ao aire libre.

Así, o domingo de 12:00h a 18:00h, disfrutaremos dunha xornada de convivencia aberta de autores dos diferentes ámbitos. Un momento para reivindicar coa súa presenza, e nestes momentos tan difíciles para a cultura, o seu compromiso coa mesma. Os autores que desexen participar poderán facelo, creando in situ, debuxando, pintando, escribindo… no espazo que rodea o Faro nunha interacción directa co mar, as rochas e a maxia dun espazo indescriptible e suxerente ao aire libre nunha harmónica relación coa cor e a luz da natureza.

Ademais, sobre ás 17:00h poremos en común as nosas actividades no patio interior do Faro ou na sala de exposicións se fixera mal día.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected])
  • Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.

Comentarios