Xoves. 10.10.2024
El tiempo

O Faro Vilán estreou a exposición do noiés Delio Sánchez

O Faro Vilán estreou a exposición do noiés Delio Sánchez
Inaguracion da Exposicion Delio Sanchez no Faro Vilan Inaguración da Exposición Delio Sanchez no Faro Vilán Exposicion Delio Sanchez no Faro Vilan 1

O artista plástico Delio Sánchez (Noia 1968) , presentou este pasado sábado no Faro Vilán de Camariñas a súa exposición “Do expresionismo á abstracción”. Unha exposición que se poderá visitar durante o mes de xullo, e que consiste nunha escolma das suas últimas obras pictóricas en acrílicos e óleos de mediano e gran formato, así como algunhas esculturas en ferro oxidado, material habitual de este artista, titulado como Técnico superior en artes plásticas aplicadas á escultura, pola Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago.

Son en ambas disciplinas, obras que parten do seu anterior período máis expresionista donde a figuración era máis evidente, e que nesta ocasión deixa en segundo plano, ou mesmo desaparece, abrindo o seu interior a novas formas de comunicar, donde o material e o xesto cobran todo o protagonismo, nun discurso mais informal, personal e íntimo.

Son pezas que pretenden un diálogo mais pausado co espectador, coa única intención de facer sentir libremente, para así  deixar a cada quén a liberdade da súa propia interpretación.

O horario de visita é de 11:00h a 14:00h e de 15:30h a 20:00h.

SOBRE Delio Sánchez. Noia 1968

Nacer preto do mar, é nacer ben. O noso mar é pródigo en historias de aventuras e imaxinacións. As Rías Baixas Galegas son unha paraxe nada da man da Nai Natureza, que a apoiou sobre a terra cando a creou, e por tanto, as mulleres e homes que nacen nas súas beiras son misteriosos e soñadores.                  Como Delio Sánchez, que desde neno quixo levar aos seus papeis e lenzos a natureza exhuberante do mar e o acougo das  rúas empredadas da súa Vila Medieval, Noia. Aquela querenza por absorber a beleza da súa terra non lle abandonou nunca e os azuis e grises dos ceos, o aceiro do mar bronco ou o esmeralda das súas praias brancas, o

unxiron de paixón creativa.             Delio, apaixonado do Jazz, pinta tocando xa sexa suaves melodías do ambiente do Club, interiores con músicos desvelados ou ben estrepitosas obras expresionistas de acción impulsiva con cores primarias que se refregan nun caos primixenio. Inspíralle por tanto a natureza e o home inmerso nela, a música do home e a do mar rumboso, inspíralle a paixón, o sinxelo e o rústico.        Pero tamén Nova York, cidade global, onde atopa todo o anterior nun só escenario e onde viaxa cando o corpo e a alma llo pide.            Nada escapa ao seu pincel, nin aos seus modelados en escultura, que arrincados da terra, dan vida a formas terreais vestidas de ferros oxidados e graníticas pedras. Todo o absorbe e transforma para que alguén mais, poida gozalo nas súas obras.

Fonte
  • Redacción de QPC

Comentarios