O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte

Xa estivemos no Pindo escoitando un veciño cabreado tralas consecuencias do temporal. Hoxe percorremos a bisbarra a través das imaxes que nos foron chegando dando conta da forza do temporal de mar de fondo que asolagou a Costa galega durante este día de Reis.
Ademais, o vento tamén foi protagonista e acadou refachos de 129 km/h en Fisterra e 123 en Lira.

E comezamos o repaso no medio da ría, con esta estampa do Carrumeiro asulagago pola mar, cazada por Jorge Pérez dende o Cabo C de Corcubión. Nun día no que a expectación foi máxima en ducias de puntos do litoral.

Ulo paseo de Boca do Río

Así amencía hoxe Carnota, con parte do paseo de Boca do Río desaparecido.

Por Muxía

Compartíamos esta foto do mar chegando ata o meso Santuario da Virxe da Barca e máis de 330 persoas a compartían durante o día de onte. Un mar que destrozaba o muro principal do Santuario, deixando todo espallado de pedras.

Pero é que botade ollo á forza do mar neste vídeo:

Non safou o porto deportivo. Dende Cataventos contan que a forte oleaxe provocou danos nos pantaláns do porto deportivo muxián "desmontando parte da estrutura do pantalán 4, eso si, sen danos nas embarcacións nin persoal".

O propio alcalde lamentábase do sucedido, recoñecía que "Muxía está conmocionada" e enviaba o seu pésame á familia afectada pola traxedia de Valdoviño (por certo Salvamento acaba de recuperar o corpo dun varón), ao que tempo que xa pensaba en como poñerse a traballar para "recuperar o recuperable".

No Ézaro quedaron sen praia

Sen praia quedaron no Ézaro durante estes días. A forza do mar chegou ata o paseo arrastrando ademais ducias de pedras ata as casas e formando este noiro.

Tsunami por Fisterra

Espectacular a potencia (aseguran que pasou dos 10 nudos) do mar ao seu paso por Fisterra. Quedaban impactados os veciños fisterráns con este fenómeno dentro da ensenada artificial do porto fisterrán, e así o comprobamos con este vídeo de José Carlos Papin no que se pode apreciar a forza da corriente no varadoiro.

Ademais, en Sardiñeiro, a forza do mar traspasaba o peirao, como nos ensina Jenifer de Sardiñeiro. E mentres, en Mar de Fóra, esta era a impresionante estampa que nos amosa o Mar de Ardora.

Ata en Vimianzo

Non foi o mar, pero as chuvias deixaron esta estampa da zona de Torelo, en Vimianzo, totalmente anegada pola auga. Roberto Rúa dá conta da imaxe:

En Cee e Estorde

Varios barcos de Bres desaparecían baixo o manto mariño, mentres en Estorde o mar non só arrasaba coa pasarela de madeira senón con varias estruturas de cemenoto.

En Camariñas, Malpica, Laxe e Corme

Tamén polo norte da bisbarra a consecuencias foron tremendas. En Camelle o Faro quedou parcialmente derruido por unha forte onda. En Laxe varios barcos desaparecían no medio da oleaxe, e en Corme, ademais da estampa que vimos en Valarés cos bancos de pedra arrasados, o mar chegaba ata debaixo do xardín vello en Corme e mesmo protección Civil tiña que cortar o paso.

En Malpica a alerta vermella facía que as ondas alcanzaran os 10 metros de altura, e que traspasan o dique de abrigo, obrigaron a pechar o paseo marítimo. Segundo a Policía local a bravura do mar causou estragos en barcos e en parte do mobiliario urbano como por exemplo un dos paneis informativos de 'Malpica. O mar de Sisargas'.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).