Venres. 29.03.2024
El tiempo

O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte

O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte
O Carrumeiro asolagado-Foto-Jorge Perez

Xa estivemos no Pindo escoitando un veciño cabreado tralas consecuencias do temporal. Hoxe percorremos a bisbarra a través das imaxes que nos foron chegando dando conta da forza do temporal de mar de fondo que asolagou a Costa galega durante este día de Reis.
Ademais, o vento tamén foi protagonista e acadou refachos de 129 km/h en Fisterra e 123 en Lira.

E comezamos o repaso no medio da ría, con esta estampa do Carrumeiro asulagago pola mar, cazada por Jorge Pérez dende o Cabo C de Corcubión. Nun día no que a expectación foi máxima en ducias de puntos do litoral.

Espectacion na Barca polo temporal-Foto-Ruben Prieto de SurfCostadaMorte

Ulo paseo de Boca do Río

O temporal levou o paseo de madeira da praia Boca do Rio-Carnota-Foto-Jorge Parri

Así amencía hoxe Carnota, con parte do paseo de Boca do Río desaparecido.

Por Muxía

O Mar chegou ao Santuario da Virxe da Barca-Foto-Fisober

Compartíamos esta foto do mar chegando ata o meso Santuario da Virxe da Barca e máis de 330 persoas a compartían durante o día de onte. Un mar que destrozaba o muro principal do Santuario, deixando todo espallado de pedras.

O Mar destrozou o muro do Santuario da Virxe da Barca-Foto- Felix Porto A pedra de Abalar escachou co temporal-Foto-Felix Porto

Pero é que botade ollo á forza do mar neste vídeo:

Non safou o porto deportivo. Dende Cataventos contan que a forte oleaxe provocou danos nos pantaláns do porto deportivo muxián "desmontando parte da estrutura do pantalán 4, eso si, sen danos nas embarcacións nin persoal".

Danos no porto deportivo de Muxia-Foto-Cataventos

O propio alcalde lamentábase do sucedido, recoñecía que "Muxía está conmocionada" e enviaba o seu pésame á familia afectada pola traxedia de Valdoviño (por certo Salvamento acaba de recuperar o corpo dun varón), ao que tempo que xa pensaba en como poñerse a traballar para "recuperar o recuperable".

No Ézaro quedaron sen praia

O Ezaro quedou sen praia-Foto-Mario Rodriguez

Sen praia quedaron no Ézaro durante estes días. A forza do mar chegou ata o paseo arrastrando ademais ducias de pedras ata as casas e formando este noiro.

Talud na praia do Ezaro-Foto-Jorge Perez

Tsunami por Fisterra

Espectacular a potencia (aseguran que pasou dos 10 nudos) do mar ao seu paso por Fisterra. Quedaban impactados os veciños fisterráns con este fenómeno dentro da ensenada artificial do porto fisterrán, e así o comprobamos con este vídeo de José Carlos Papin no que se pode apreciar a forza da corriente no varadoiro.

O Mar en Sardineiro subindo polo peirao-Foto-Jenifer de Sardineiro

Ademais, en Sardiñeiro, a forza do mar traspasaba o peirao, como nos ensina Jenifer de Sardiñeiro. E mentres, en Mar de Fóra, esta era a impresionante estampa que nos amosa o Mar de Ardora.

Ata unha cria de foca aparecia en Mar de Fora-Foto-Luis Castro

Ata en Vimianzo

Torelo anegado-Foto-Roberto Rua

Non foi o mar, pero as chuvias deixaron esta estampa da zona de Torelo, en Vimianzo, totalmente anegada pola auga. Roberto Rúa dá conta da imaxe:

En Cee e Estorde

As consecuencias do mar en Estorde-Foto-Mo No

Varios barcos de Bres desaparecían baixo o manto mariño, mentres en Estorde o mar non só arrasaba coa pasarela de madeira senón con varias estruturas de cemenoto.

En Camariñas, Malpica, Laxe e Corme

Tamén polo norte da bisbarra a consecuencias foron tremendas. En Camelle o Faro quedou parcialmente derruido por unha forte onda. En Laxe varios barcos desaparecían no medio da oleaxe, e en Corme, ademais da estampa que vimos en Valarés cos bancos de pedra arrasados, o mar chegaba ata debaixo do xardín vello en Corme e mesmo protección Civil tiña que cortar o paso.

En Malpica a alerta vermella facía que as ondas alcanzaran os 10 metros de altura, e que traspasan o dique de abrigo, obrigaron a pechar o paseo marítimo. Segundo a Policía local a bravura do mar causou estragos en barcos e en parte do mobiliario urbano como por exemplo un dos paneis informativos de 'Malpica. O mar de Sisargas'.

O Mar subindo polo peirao de Malpica-Foto-Fran Varela Saleta

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).

Comentarios