Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A carta dun veciño cabreado a Costas ante consecuencias do temporal

A carta dun veciño cabreado a Costas ante consecuencias do temporal
O Paseo do Pindo quedou tocadisimo-Foto-Quino Pais

Moitas fotos vimos estes días polas redes sociais de como batía o temporal contra a nosa sempre sufrida Costa da Morte. Houbo zonas onde pegou máis que outras, e houbo zonas onde as protestas saen máis que noutras. Se por Valarés vimos como os bancos de pedra saíron case que voando, polo Pindo, o paseo xa non é paseo nin é nada.

Asi quedou Valares-FOto-Lelo de Corme

Precisamente hoxe traemos imaxes de como quedou o Pindo tras este, e outros temporais. E aproveitamos para demostrar o que se pode facer con estas cousas. Un veciño do lugar, Quino Pais, vén de enviar ao Xefe de Costas, Rafael Eimil, unha carta denunciando a situación na que quedou a vila. Un gran xeito de alzar a voz ante a deixadez das administracións para coas nosas vilas.

I é que o Pindo amencía o venres co paseo marítimo desta guisa, desfeito. I é que o de facer o paseo a un metro de altura se cadra non foi a mellor idea. Ademais teñen unha especie de caldeirón varado nunha cala lateral a praia de San Pedro, que xa leva 5 ou 6 días atufando a zona.

Un caldeiron leva tempo varado no Pindo-Foto-Quino Pais

Así que sen máis, e a modo de exemplo, deixámosvos ca carta de Quino ao Sr. Eimil.

Carta de Quino Pais ao Sr. Eimil

O Paseo do Pindo quedou tocado tocado-Foto-Quino Pais

Hola Sr Eimil: Espero que reciba este correo antes de que se dea por finalizado o paseo do Pindo.
Supoño que cando vexa as fotos xa se dará conta de que nos coñecemos, por outras que no seu día lle deixei, e que polo menos tivo a ben de corrixir a situación das farolas, cousa que é de agradecer.

O fin deste correo e intentar corrixir uns pequenos detalles que baixo o meu punto de vista, e de algún que outro veciño, pensan que están mal, podo dicirlle que eu só son un simple técnico en mantenimiento de xeneradores eólicos, e polo tanto non a opinión dun enxeñeiro. Pero espero que de todas formas teña en conta estos puntos:

  • 1º- Penso, e non son o único, que na parte sur o final do paseo, fai falta un acceso ben para entrar no paseo, ben para baixar á ribeira, ou para saír do paseo para as casas do sur do Pindo. Xa sei que pensara que resulta perigroso saír do paseo nunha curva, pero sempre se saíu da praia por esa zona, e por tanto a xente está máis que acostumbrada. Ademais para cruzar do lado do mar cara as casas na mitade da curva pódese ver perfectamente os dous sentidos de circulación dos coches, por o que e imposible que poida haber un atropello, para cruzar en sentido contrario a xente cruza algo máis ó sur por se acaso. Sei de xente maior que xa pasou algunha vez por encima do pretil, pero quéixanse de que rascan as pernas, cortar cincuenta centímetros de pretil non costa nada, e a xente agradeceríao.
  • 2º- Levo 47 anos vivindo no Pindo, e asegúrolle que cando coincida unha marea viva con temporal de sur e bastante choiva, pódelle decir que unha parte da pasarela de madeira que está no lado da igrexa, se non lle tratan de facer algo para protexela, vai durar poucos anos. A xente do Pindo non nos importaria se vivísemos nun Concello con cartos, pero estou seguro que se rompe a pasarela, vamos a estar moitos anos sen ela. Penso que unhas pedras facendo de escollera na parte sur donde empeza a pasarela, ou tapando con madeira o furado que queda debaixo dela, evitariase gran parte do dano, só teño que decirlle que as antiguas duchas, quedaban ca base de formigón no aire despois duns dias de mal tempo.
  • 3º- Non entendo porque se prantou céspede detrás do pósito e na zona do Rabecho, por certo con mala leite, pois non hai máis que ver as calvas que ten, e o resto herbas malas, como lle chamamos no Pindo, supoño que para que faga xogo co entorno. Asi como a que sale no medio do balado por non tapar as fendas entre pedras. Suponse que ao non deixar sistema de rego o normal para que non se poda prantar céspede, porque si se vai a regar con tractor como fixeron uns días vamos listos. No proxecto pon que ten que levar plantas como magnolios, platanos etc, pero bueno e outro imcumplimento, que máis dá.
    Esperemos que polo menos poñan os bancos para sentarse, pois xa oimos que á parte da pasarela que vai detras do pósito, non leva varanda porque no da o presuposto para tanto. Como caiga algún crío ó río xa verá a que se vai armar!
  • 4º- A iluminación tal como está o lado da pasarela e cas herbas malas tapando os focos de pouco vai valer. Unha solución sería poñerlle un pouco de grava o lado dos focos para evitar que saíra a herba e os tapara, en canto o resto das luminarias, levamos unha semana escasa ca iluminación e xa non encenden dúas das farolas.
  • 5º- Por último, só me queda preguntarlle, e espero que poida responderme, como un presuposto aprobado por costas de 1.343.533,07 quedou en 863.219,95 euros. Xa sei que é normal que na maioría das obras se perda algo de diñeiro nos trámites, pero neste caso é algo de escándalo, porque encima de deixar o proxecto a medio facer, o diñeiro que falta casi dá para facer outro paseo.

E só me queda dicirlle que eu non teño ningún negocio nin vivo o lado da estrada, só trato de pedir o mellor para o pobo do Pindo, igual que faría vostede para Vilalba si así fora. Morro de rabia cando vexo que un pobo como o Ézaro cada día ten máis cousas que ofrecerlle ó turismo, proximamente pantaláns no río para amarrar botes, e vexo que o noso pobo queda estancado no pasado, sen traballo para os que vivimos en el, e sen posibilidades para os que queren vivir do turismo.

  • Quino Pais.
O Paseo do Pindo quedou moi tocado-Foto-QUino Pais

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta).

Comentarios