Xoves. 02.04.2020
El tiempo

A Fervenza do Ézaro cun caudal 100 veces por riba do habitual

A Fervenza do Ézaro cun caudal 100 veces por riba do habitual
A Fervenza do Ézaro cun caudal 100 veces o habitual-Foto-Mario Rodriguez

Estes días de temporais e cicloxéneses explosivas deixan estampas duras na bisbarra. Pero hai outras que deixan paso aos soños. Esta mañá, a empresa Ferroatlántica abría as comportas do encoro de Santa Uxía, e a Fervenza do Ézaro vestíase de cine.

I é que estes días de grandes chuvias o caudal que baixa polo 1,4 km de río Xallas dende o encoro ata a cascada é 100 veces superior ao habitual, xa que falamos de 230 metros cúbicos por segundo, mentres o caudal ecolóxico, que a Xunta impuña dende abril do 2011, é de 2,3.

As imaxes que nos pasa Mario Rodríguez, falan por si soas. Disfrutemos do chamado Coadoiro.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios