Venres. 26.04.2024
El tiempo

O temporal Gong deixa a súa pegada con estampas curiosas

O temporal Gong deixa a súa pegada con estampas curiosas
 A-zona-de-Salto-parece-campos-de-arroz

Non hai nin un mes que un temporal deixaba un falecido na Costa da Morte. Afortunadamente parece que desta volta non hai que lamentar tanto tralo paso desta nova “Cicloxénese explosiva” chamada "Gong".

Como datos, ademais de chover sen parar durante día e medio (o domingo chegou a calma), o vento virou ó norte a primeira hora do sábado deixando refachos de vento de 149 km/h en Fisterra, 130 en Vimianzo, 111 en Coristanco ou 107 en Camariñas.

E lamentablemente "a vindeira semana continuará o tempo húmido e chuvioso con lixeiro aumento das temperaturas cara a fin de semana", segundo nos contan os compañeiros de Meteogalicia.

Estampas

Un piñeiro do CEIP Os Muiños foi arrincado pol vento do Gong

Ao longo deste sábado 20 de xaneiro de 2013 vivíronse estampas complicadas. Como a de Salto, en Vimianzo. Xa é habitual que os campos de millo desta zona estean inundados durante o inverno, pero onte semellaban auténticos campos de arroz. Ademais, na zona de Baio o río Grande estaba completamente desbordado e de punta a punta, dende a Carballeira ata o final da Piroga, a auga cubría leiras enteiras.

Durante este fin de semana o vento tamén provocou serios desperfectos no entorno do edificio da escola do CEIP Os Muíños, en Muxía. No piñeiral que está no recinto do colexio, un piñeiro de considerables dimensións foi arrincado levando por diante outras tres árbores pequenas e derrubando un muro que separa o solar do concello onde se atopa o edificio de obras, así como a farola que o ilumina.

Os campos de fútbol tamén sufriron. De feito, no Pino do Val o vento levou parte do teito de uralita das bancadas do campo Pedra de Ouro, e fixo suspenderse ata 17 partidos en toda a fin de semana no fútbol da Costa.

O campo do Mazaricos sufriu consecuencias-Foto- Fb do Mazaricos Así quedaba un poste da luz en Mazaricos, pero era solucionado na tarde do sábado-Foto- Michael Grille

Pero claro, tamén deixou estampas agradables, como a mellor cara da Fervenza do Ézaro.

A Fervenza do Ezaro amosa a súa mellor cara nos temporais-Foto- Jorge Perez Gonzalez

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios