O temporal Cristina deixou a súa pegada en Malpica


Outra borrasca con nome a que pasou pola Costa da Morte este pasado luns 3 de marzo. E con consecuencias. Se os ”Petra”, e ”Qumaira” xa deixaran un regueiro de desfeitas, o que conseguía onte o temporal “Cristina” tamen foi de traca.

As imaxes do temporal de mar foron impresionantes, e se ao mar de fondo lle engadimos refachos de vento de 112 quilómetros por hora temos consecuencias como as vividas en Malpica. Ademais de arrasar cos bares do paseo marítimo malpicán, a forza do mar descolocou unhas pezas de formigón do espigón, algo verdadeiramente impresionante.

Como vedes, achegámosvos fotos de David Castro, de Fran Varela Saleta, de Jessica Rama e de Fernando Hernández Lema que falan por si mesmas, ademais do vídeo de Adam Blanco que mete medo...


A forza do mar en Camariñas e Muxía

A costa muxiá e camariñá tamén sufriu as consecuencias do temporal, i é que como vemos aquí tamén as ondas eran de consideración.

Máis temporais na Costa da Morte