Pais e nais debaten no Instituto
O pasado luns 21 rematou a súa actividade por este curso o “Grupo de encontro e debate” no IES Pedra da Aguia, da Ponte do Porto, Camariñas. Un grupo que veu funcionando ao longo de todo o curso, por terceiro ano con secutivo, reunindo a pais/nais, profesores e orientadora do centro, para tratar temas relacionados coa adolescencia e a educación.
Ao longo das sesións deste curso a Biblioteca do centro contou coa colaboración de diversas entidades, entre elas o propio Concello e a Asociación Neria. Ademais, na reunión final estiveron presentes os responsables e usuarios das asociacións Aspem, Aspadex e Integro.
Como outros anos a coordenación do grupo correu a cargo da profesora Silvia Lijó, contando en todo momento coa colaboración e os medios da biblioteca do centro e o seu responsable, Emilio Roca.
Sesión final con proxección
Como colofón aos programas destinados a establecer relacións entre as familias e o centro, este xoves 24, terá lugar a proxección da película “Mar adentro”, última deste curso dentro da actividade “Cine para falar”, actividade á que asisten conxuntamente alumnos e familiares, xunto co profesorado mencionado. Á proxección seguirá, como é habitual, un coloquio para expoñer os diferentes puntos de vista, nesta ocasión sobre os riscos de determinadas actividades.
O IES Pedra da Aguia dá Vitaminas para o galego
E aproveitamos para deixar constancia das orixinais vitaminas para o galego que os pequenos camariñáns aportaron co gallo da campaña Vitaminas17 no marco das Letras Galegas.
Novas relacionadas
- Mediando conflitos dende o instituto de Fisterra.
- Alumnos artesáns que coidan o mar.
- A folga do ensino déixase notar nos centros da Costa da Morte.
- A Costa aproveita o Día do Libro para crear un ambiente de lectura nas escolas.
- Día do Libro: Por un ambiente de lectura nas escolas, un Manifesto estatal dende o Pedra da Aguia.
Fonte
- Nota de prensa do IES Pedra da Aguia.