Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Paula Esteiro estrea o título de “Camariñana do ano”

Paula Esteiro estrea o título de “Camariñana do ano”
Paula Esteiro podio mundial en Carreira de Obstaculos en Ontario Paula Esteiro, primeira Camariñana do Ano

Chegar a un Mundial non é doado. E así o quere recoñecer a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, que nomea á brava deportista Paula Esteiro como Camariñana de Honra 2018.

Este recoñecemento, que se fai por primeira vez, pretende, con carácter anual e coincidindo coa festividade do Carme de Camariñas, recoñecer á persoa, entidade ou institución que represente mellor os valores camariñáns.

Neste caso a Asociación tivo en conta a traxectoria dunha muller deportista, nunha disciplina minoritaria, que acadou niveis de excelencia e mesmo chegou a ostentar a representación nacional en mais dunha competición.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios