venres. 08.11.2024
El tiempo

Ponse en marcha a 5ª edición das Andainas para coñecer a Costa da Morte

Ponse en marcha a 5ª edición das Andainas para coñecer a Costa da Morte
Un ano máis, os departamentos de deportes dos concellos de Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Ponteceso e Vimianzo volven a unirse para poñer en marcha a 5ª edición do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. Nesta ocasión o programa componse de oito roteiros que terán en común a súa distantacia, ainda que as rutas poden variasr entre os 10 e 15 quilómetros, e a organización poderá modificar o percorrido previsto se así o estima por razóns de seguridade. Todas as andainas comezan ás 10 horas e rematan entre as 13 e as 15 horas. Oito roteiros Os roteiros arrancan o 1 de abril para coñecer "Olveiroa, río e pedra"; unha ruta lineal por terras de Dumbría. Continúan o día 8 en Cee; "De Xunqueira a San Estevo: tralas pegadas dos nosos ancestros". E xa o día 22, será o turno de Pontecso para descubrir Pazos e o río Anllóns. Volven as citas o 6 de maio cunha ruta circular por Camariñas, "De costa a costa". Muxía é a seguinte parada para descubrir a Ponte Constante e as Caldeiras do Castro. Corcubión e Fisterra úniranse o 20 de maio cun percorrido que vai "De faro a faro polo Camiño de Santiago". Xuño será o turno de Vimianzo, cunha ruta circular polos muíños de Cambeda (que será o día 3) e rematan o día 10 co roteiro da  Pontenoca, en Mazaricos. Para participar en calquera das rutas é preciso formalizar a inscrición de forma gratuita en calquera dos concellos participantes. Poden participar nenos e nenas a partir de 7 anos, sempre que vaian acompañados dun adulto. Cada concello fretará un autobús para o desprazamento dos participantes, sempre que haxa un mínimo de 15 inscritos. En caso contrario, os participantes deberán desprazarse pola súa conta ao punto de partida da ruta.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios