sábado. 15.11.2025
El tiempo

O PonteFriki 2026 xa ten datas e cartel

CAMARIÑAS - presentación cartel PONTE FRIKI 2026
O PonteFriki 2026 xa ten datas e cartel

Na mañá deste sábado, 15 de novembro, o Centro Cultural de Ponte do Porto acolleu a presentación oficial do cartel de Ponte Friki 2026, realizado pola artista @gashadokuroz e que terá lugar o vindeiro 14 e 15 de marzo. 

As persoas asistentes ao acto puideron descubrir o cartel desta edición, que foi elixido entre máis de 20 propostas, onde tamén acudiron a alcaldesa, Sandra Insua e a concelleira de Cultura, Encarna Liñeiro. 

Ademais e como novidade, tras o éxito da primeira edición, este ano duplicarase o aforo do recinto, añadindo dúas carpas máis ao pavillón polideportivo de Ponte do Porto.
 

Comentarios