xoves. 07.11.2024
El tiempo

Portos acometerá a dragaxe do porto de Camelle

Visita presidenta Portos Camelle
Portos acometerá a dragaxe do porto de Camelle

Visitou o pasado sábado unha comitiva de Portos de Galicia o porto de Camelle, e foi para anunciar, ante os membros da confraría, que ten en tramitación o proxecto de dragaxe do porto de Camelle. Unha obra que conta un investimento de 200.000 para que recupere calado e mellore a súa operatividade.

As obras previstas consistirán na dragaxe dunha área de 7.500 metros cadrados fronte á liña de atraque do peirao. Na área de atracada dragaranse áridos entre as cotas -1 e -2, dada a existencia de rochas na contorna, mentres que no resto da zona portuaria se retirarán áridos ata a cota -2.

A area extraída ficará directamente na praia camellá. Así, na máis próxima ao peirao e a rampla de varada a maquinaria de extracción cargará o material en camión para posteriormente depositalo na praia, mentres que no resto da dársena o material será extraído por succión e impulsado directamente sobre o areal nas zonas indicadas.

A falta de varios informes, e da licitación o prazo de execución previsto dos traballos, unha vez que comecen as obras, é de tres meses.

Comentarios