Mércores. 08.12.2021
El tiempo

Propoñen deseñar visitas escolares á piscifactoría de Cabo Vilán

Visita Stolt Sea Farm Cabo Vilan
Propoñen deseñar visitas escolares á piscifactoría de Cabo Vilán

Este pasado venres unha comitiva municipal visitaba a granxa de acuicultura de Stolt Sea Farm no Cabo Vilán. Foi o primeiro contacto para deseñar visitas guiadas para escolares ás instalacións da empresa, pois o Concello considera que pode ser educativo coñecer o proceso de cría do rodaballo .

A alcaldesa, Sandra Insua, reuniuse co director de sustentabilidade da fábrica, Carlos Tavares, e ambos coinciden na importancia e o valor que terá para os escolares, tanto os dos colexios como os do instituto, poder coñecer as instalacións e como é o traballo que alí se fai.

“Ao carón do Faro Vilán críase un rodaballo de calidade, que medra cos mellores cuidados baixo a atenta mirada dos operarios e operarias da empresa para despois ser exportado a decenas de países”, aseguran dende o Concello.

A piscifactoria de Stolt Sea Farm en pleno Cabo Vilan

comentarios