Martes. 08.10.2024
El tiempo

Rafael Lema reedita a súa novela xuvenil “Flores Negras”

Libro Flores Negras de Rafael Lema
Rafael Lema reedita a súa novela xuvenil “Flores Negras”

Había tempo que estaba esgotada, e por iso decidiu recuperala. Publicada por primeir vez en galego en 1998, Rafael Lema saca á rúa esta reedición nilingüe da novela xuvenil “Flores negras”, ilustrada pola debuxante de Camariñas, Rosario Miñones Campaña.

Unha novela que se desenvolve durante unha noiteboa dos anos 90, entre o desarraigamento, as drogas e o heavy metal, a cabalo entre a Costa da Morte e Suiza.

A obra recibiu eloxios de críticos como Xulio Valcárcel, Carlos González de Lema, Xosé Manuel Varela, Paco Souto, Isabel Mociño, ou o entón presidente da Real Academia Galega Francisco Fernández del Riego, proposto para o próximo Día dás Letras. Ademais de Rosario Miñones outros artistas galegos no seu día achegaron ilustracións para “Flores negras”, como Fausto C. Isorna, Pitón ou Paco Souto.

O mesmo Manuel Rivas considera que “é moi importante percibir como está escrita esta novela. Cada época ten a súa forma de contar e esta obra é moi do seu tempo, moi contemporánea, a palabra que mellor a define é a velocidade. Ou xeito de contemplar, de mirar, non é a ritmo de cabalo coma non século pasado, na novela decimonónica”.

Comentarios