As recreacións históricas do Camiño Xacobeo do Rei Alfonso IX volven co Encaixe no Camiño

09:55 31/08/21
Volve a Camariñas o evento "O Encaixe no Camiño”. Unha cita singulgar que se celebrará o próximo 04 de setembro da man da sempre activa Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas.
O acto comezará ás 11:00h coa saída da comitiva dende a Casa de Pedra, para que media hora despois, xa no porto, se recree o Desembarco do Rei Alfonso IX, e posterior camiñada anata Cereixo, facendo paradas en Xaviña e no porto fluvial.
Pola tarde, farase unha nova recreación da chegada da dama italiana que segundo a lenda, ensinou a palillar ás mulleres de Camariñas.
Haberá ambiuente musical cos grupos “Vaiche Boa” e “Con toda en banda”. As inscricións para a camiñada en 662 488 253.