venres. 06.12.2024
El tiempo

Refrotado o boniteiro incenciado o pasado setembro no porto de Camariñas

Recuperando o  boniteiro Jaungaikoa do porto de Camarinas
Fotos: Campaña
Refrotado o boniteiro incenciado o pasado setembro no porto de Camariñas

Veñen de proceder esta mañá de venres ao refrotamento do barco boniteiro Jaungaikoa, afundido logo de incendiarse, o pasado 4 de setembro no porto de Camariñas.

Portos asumiu estas labores tras a inacción por parte do propietario do barco, que é o responsable legal tanto do propio proceso de refrotado como das consecuencias derivadas do ocorrido. Porén, dado o incumprimento desta obriga dentro do prazo establecido pola lei, o ente público viuse obrigado a levar a cabo estas tarefas e asumir as custas derivadas do proceso, arredor duns 15.000€.

Unha vez refrotado o barco deberá ser trasladado a un xestor autorizado para o seu desguace, cuxo importe estímase en arredor doutros 50.000 euros. Portos de Galicia está a tramitar agora a contratación destes traballos.

Recuperando o  boniteiro Jaungaikoa do porto de Camarinas 2

Comentarios