Rematan as obras da cuberta da Lonxa de Camariñas

Xa chovía dentro da confraría dende hai moitos meses, pero foi o temporal Elsa o que, en decembro, derrubou boa parte do tellado da lonxa de Camariñas.

Ata febreiro non empezaron as que a Xunta chamou “Obras de Emerxencia”, e que veñen de rematar esta semana.

Obras que contaron cun orzamento de máis de 110.000 euros para reparar a cuberta, así como dos elementos de sustentación desta, e foron realizadas por trámite de emerxencia.

Novas relacionadas