Luns. 18.11.2019
El tiempo

Chove na confraría

Caldeiros na confraria de Camariñas para aguantar o temporal
Caldeiros na confraria de Camariñas para aguantar o temporal
Chove na confraría

Esta pasada semana, coas chuvias torrenciais, houbo edificios que non conseguiron aguantar o desafío do temporal. Un deles foi o local da Confraría de pescadores de Camariñas, que acabou sucumbindo e filtrou auga por todas partes.

”O local onde se atopa a confraría atopase nun estado lamentable, no día de hoxe a cuberta que xa se advertiu que se atopaba en mal estado non foi quen de aturar a choiva e as pingueiras pasaron a ser auténticos ríos de auga.” Así o denuncia o BNG de Camariñas, que quere “denunciar publicamente a deixadez de Portos e da Xunta na resolución de problemáticas dos sectores produtivos e das xentes do noso concello”.

Acusan ademais ao goberno local de “non ser quen de poñerlle cara a Xunta” para arranxar a instalación, permitindo que “as traballadoras e traballadoras que utilizan esta infraestrutura o fagan en condicións precarias”.

Comentarios