Rematan as obras da cuberta da Lonxa de Camariñas
17:28 17/04/20
Xa chovía dentro da confraría dende hai moitos meses, pero foi o temporal Elsa o que, en decembro, derrubou boa parte do tellado da lonxa de Camariñas.
Ata febreiro non empezaron as que a Xunta chamou “Obras de Emerxencia”, e que veñen de rematar esta semana.
Obras que contaron cun orzamento de máis de 110.000 euros para reparar a cuberta, así como dos elementos de sustentación desta, e foron realizadas por trámite de emerxencia.
Novas relacionadas
- Febreiro 2020: Comezaron as obras de reparación do tellado da lonxa de Camariñas.
- Decembro 19: O temporal Elsa deixa estampas tremendas e cifras de récord.
- Outubro 2019: Chove na confraría.
- Novembro 2018: Fábrica de xeo ou fábrica de fume para Camariñas.