Venres. 29.03.2024
El tiempo

Fábrica de xeo ou fábrica de fume para Camariñas

Fábrica de xeo ou fábrica de fume para Camariñas
Lonxa de CamarinasDirecto Lonxa de Camariñas-CamarinasDirecto

Non caeu en saco roto a petición do novo patrón maior da Confraría de Camariñas, de pedir unha Fábrica de Xeo. Ata Portos de Galicia apuntaba onte que existía un proxecto para a Fábrica de Xeo ao que o Concello de Camariñas non daba autorización. Unha información errónea, como confirman hoxe dende o Concello de Camariñas despois dunha reunión ca entidade portuaria, trala Portos de Galicia recoñeceu que non presentou no Concello de Camariñas ningún proxecto para a fábrica de xeo

A confraría seguirá esixindo a renovación dun servizo necesario para calquera pósito, unha vez que a entidade portuaria confirmou que ten previsto un proxecto de renovación da maquinaria na fábrica.

Outras demandas

, confirmouse que

No encontro, ao que asistiron por parte do goberno local a alcaldesa, Sandra Insua, e o segundo tenente de alcalde, Juan Carlos Canosa, tratáronse unha serie de temas de interese para o municipio e vellas demandas.

No porto de Camariñas, tanto a pasarela de madeira para os vehículos como os paneis laterais de cristal da pasarela peonil da Dársena están en mal estado. No primeiro caso, chegouse a un acordo para que sexa o Concello o que asuma o amaño e, no caso dos paneis de cristal, a entidade portuaria comprometeuse a facer un informe propio no que contemple posibles alternativas xa que actualmente só existe un informe municipal no que se conclúe que o problema é derivado dunha deficiencia estrutural.

Na zona portuaria existe un problema de luminosidade xa que hai moitas luminarias que non funcionan, unha cuestión moi reclamada polos veciños. Xosé Xoán Durán explicou que están á espera de adxudicar proximamente o contrato de mantemento para poder facer a reparación.

O Concello de Camariñas solicitou unha vez máis a cesión da lonxa vella e a reparación do tellado do edificio, xa que existe perigo de desprendementos.

Falouse ademais da terceira fase da fachada marítima de Camariñas, unha vella reivindicación do Concello para a que se fixo no seu día un proxecto que nunca se executou. Portos de Galicia explicou que agora mesmo nos seus orzamentos non son prioritarias as intervencións fóra da actividade portuaria.

O Concello de Camariñas tamén solicitou actuacións para os portos de Camelle e Santa Mariña, nos que suxeriu que se leve a cabo unha organización máis correcta, especificando as zonas e coidando a estética. Particularmente en Camelle tamén se pediu a reparación das barandillas preto do museo de Man e a solución ao problema de acumulación de auga na entrada ao peirao.

Sandra Insua amosouse moi satisfeita polo tratado na reunión e confiou “na boa predisposición de Portos de Galicia para levar a cabo todas as demandas que require actualmente a zona portuaria de Camariñas”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/8-das-12-confrarias-da-costa-da-morte-repiten-patron-maior/ https://quepasanacosta.gal/mar-inviste-130-000-euros-en-melloras-no-porto-de-camarinas/    

Comentarios