sábado. 03.05.2025
El tiempo

Rexistrados dous accidentes en Camariñas e Vimianzo

accidente Camariñas 02.05
accidente Camariñas 02.05
Rexistrados dous accidentes en Camariñas e Vimianzo

Esta mañá rexistráronse dous accidentes na comarca de Soneira. 

Os bombeiros do parque provincial de Cee foron mobilizados por un accidente de tráfico no concello de Camariñas, na estrada que conecta a Ponte do Porto con Camelle. A saída de vía produciuse nunha curva, a causa dunha mancha de gasoil que se estendía por varios quilómetros. Unha persoa resultou ferida de diversa consideración e foi trasladada por unha ambulancia, sen precisar excarceración. A intervención consistiu na limpeza da vía en colaboración coa Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Camariñas e o servizo de conservación de estradas.

Tamén en Vimianzo rexistrouse un impacto entre un camión e un vehículo á altura da Lagoa.

Comentarios