Stolt Sea Farm renova o seu compromiso coa Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Representantes de Stolt Sea Farm asinando o convenio coas responsables municipais

As Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas, afincadas no municipio, reforzan novamente a aposta pola Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña e serán patrocinadoras desta triséximo cuarta edición.

A alcaldesa, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, e a directora da Mostra, Dolores Lema, definiron as liñas de colaboración co director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, e coa directora técnica de Frigoríficos de Camariñas, Verónica Canosa.

Deste xeito, as empresas contribuirán á promoción do Encaixe de Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para por en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través do seu labor.

Ademais, tamén se organizará unha degustación de polbo (venres 18 de marzo ás 19:30 horas) e de rodaballo (sábado 19 de marzo ás 14:00 horas) no recinto da Mostra e serán os encargados de entregar diferentes premios no XXXI Concurso de Noveis Deseñadores.

Grandes deseñadores

Deseño de Matteos 

José Matteos é a primeira confirmación do desfile de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O deseñador coruñés, un habitual do evento nos últimos anos, dobrará a súa presenza
nesta edición presentando dúas firmas: ÔSE Couture e Matteos Novias.

Máis novas